Noticias y eventos

Aquí podrá encontrar la última información actualizada sobre el Parque Natural y su entorno, así como una agenda de eventos de la comarca: fiestas, festivales, ferias...

Últimos Tweets

 

- Os encontros inclúense na primeira fase do proxecto "Vidas con Historia

- Realizaranse na terceira fin de semana de setembro.

Ourense, 14 de setembro de 2018.

A Deputación de Ourense organiza os vindeiros días 15 e 16 de setembro dous "Seminarios Arraianos" incluídos dentro da primeira fase do proxecto "Vidas con historia", un estudo sociolóxico sobre os modos e historias da vida dos habitantes da totalidade da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (en adiante RBTGX).

O día 15 de setembro desenvolveranse o primeiro dos grupos de traballo no Concello de Calvos de Randín. Será ás 12 horas na Porta de Calvos de Randín (Centro de Interpretación do Couto Mixto), situada na antiga reitoral de Santiago de Rubiás.

Pola súa banda, o domingo 16 de setembro realizarase o segundo dos seminarios no Centro Social de Olelas, no Concello de Entrimo.

A través destes encontros ou workshops preténdese promover as historias vividas pola veciñanza da zona, exemplificada nas persoas que participaron no programa a través dunha entrevista, así como a súa relación co territorio. Un coloquio aberto á toda a cidadanía que desexe participar no que se debaterán diversos temas sobre a vida na raia: relacións familiares, amizade, o Couto Mixto, contrabando, fuxidos, festas...

"Vidas con historia" constitúe unha colección de relatos das persoas moradoras do lado galego da RBTGX. Corenta historias particulares que comporán un cadro vivo e moi elaborado da vida cotiá das aldeas e vilas dos seis concellos galegos da RBTGX, sobre a memoria da Guerra Civil, as penalidades da posguerra, os primeiros síntomas de mudanza dos anos 50 e o seu esfarelamento a partir dos anos 70, é dicir, de todo o que serva para dar a coñecer a Galicia do século XX. Xa que a finalidade deste traballo é conservar a memoria do modo de vida das xentes que habitan nestes municipios.

Os traballos desenvólvense no marco do proxecto GERÊS-XURÉS DINÁMICO, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, conxuntamente entre a Deputación de Ourense e ADERE, unha entidade privada portuguesa sen fins lucrativos, que desenvolve a súa actividade nas cinco cámaras municipais que forman parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês.

 

 

logos juntos_geres_xures_dinamico

 

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Durante o ano 2018 as Portas de Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños estarán abertas desde o 1 de xuño ata o 15 de setembro

 

As seis Portas do Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés, en adiante Portas do Xurés (Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños) serán, a semellanza das xa existentes na parte portuguesa, as coñecidas como as Portas do Gerês, os centros de captación e recepción dos turistas interesados no territorio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Geres-Xurés (RBTGX)

 

 


 

Ourense, xuño de 2018.- A Deputación de Ourense pon en marcha as seis Portas do Xurés que son centros de interpretación que servirán para dar a coñecer ós visitantes da Reserva Transfronteiriza da Biosfera Gerês-Xurés o rico patrimonio natural e cultural da zona. Estes centros de interpretación sitúanse nos seis concellos que forman parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés. Cada unha delas esta dedicada a un determinado fin. Por exemplo, a Porta de Bande sitúase no centro de interpretación do xacemento romano Aquis Querquennis en Porto Quintela, no caso da Porta de Calvos de Randín, sitúase en Santiago de Rubiás, estando dedicada a dar a coñecer a historia da república esquecida do Couto Mixto, a Porta de Entrimo está dedicada a dar a coñecer a xeomorfoloxía e a paisaxe do parque, a Porta de Lobios, dedicase dar a coñecer a flora do parque natural, a Porta de Lobeira, ten como obxectivo dar a coñecer a etnografía e a figura do investigador Xaquín Lorenzo ¨Xocas¨, cuxa figura esta moi ligada a Lobeira, mentres que a Porta de Muíños, situada no complexo turístico-deportivo do Corgo,  está enfocada a dar a coñecer os recursos hídricos do parque. Así mesmo, o persoal encargado destas informará sobre o sistema de itinerarios, información sobre a existencia de outras Portas e centros de interpretación, horarios, monumentos, accións de dinamización, etc.,  empregando para a difusión dos mesmos as redes sociais (Facebook, Twittter, Instagram, etc.).

 

 

 

Coa posta en marcha da rede das seis Portas do Xurés,  búscase crear sinerxías coas cinco Portas do Gerês, situadas  a súa vez, en Mezio (Arcos de Valdevez), Lindoso, Lamas de Mouro (Melgaço), Campo do Gerês (Terras de Bouro) e Montalegre, creando unha rede transfronteiriza que cubra a totalidade desta reserva, que ten como principal obxectivo a dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés.

 

 

 

Esta actuación é unha das actividades contidas no proxecto Gerês-Xurés Dinámico, proxecto cofinanciado ó 75% polo FEDER dentro do Programa INTERREG V A España Portugal 2014-2020, cun orzamento total que ascende a preto de dous millóns de euros e a súa duración prolongarase ata o 31 de decembro de 2019. Os socios deste proxecto son ademais da Deputación de Ourense, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e Turismo de Galicia por parte galega, mentres que por parte portuguesa participan, ADERE Peneda – Gerês, Câmara Municipal de Melgaço, Câmara Municipal de Ponte da Barca, Câmara Municipal de Terras de Bouro, Câmara Municipal de Montalegre, Câmara Municipal de Arcos de Valdevez, Associaçao Regional de Desenvolvimento do Alto Lima (ARDAL), Instituto de Conservaçao da Natureza e das Florestas (ICNF), Turismo de Porto e Norte de Portugal(TPNP), Comissão de Coordenação e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N).

 

 

 

Por todo isto, poranse en marcha o 1 de xuño as seis Portas do Xurés logo de saír como adxudicataria a asociación SUSTINEA, por importe de 94.234,80 euros, e que ofertara o servizo de apertura do 1 de xuño ata o 15 de setembro de 2018, e o de 15 de maio ata o 31 de agosto de 2019, así como a semana santa do ano 2019.

 

 

 

A asociación SUSTINEA, a través do seu persoal nas Portas do Xurés, realizará durante a concesión labores informativas de divulgación dos valores naturais, históricos e socio culturais da reserva da biosfera, non limitándose a dar unha mera información, senón estimulando e alentando o aprecio dos visitantes polo seu patrimonio natural e cultural. Así mesmo, informarase das propostas culturais, educativas ou recreativas que existan en cada momento na RBTGX, levando a cabo labores de promoción e dinamización da Reserva da Biosfera, e dos seis concellos galegos que forman parte dela. Así como, das actividades complementarias que se realicen en eles,  e no marco da rede de Portas do Gerês-Xurés, a través do reparto de folletos informativos, carteis, uso das redes sociais, animación e dinamización pública, etc.

 

 

 

A posta en marcha das Portas de Xurés, virá acompañada por diversas actividades que se desenvolverán ó longo do verán deste ano e o do 2019, destacando, por exemplo, a realización de talleres de sensibilización nas seis Portas do Xurés, que consistirán na realización de actividades de animación sociocultural para tódolos públicos, por exemplo, talleres de xogos populares, etc. Así mesmo, realizarase unha recompilación de entrevistas entre os veciños dos dous lados da RBTGX, baixo a denominación de ¨Vidas con historia¨, na que as persoas contarán as lembranzas da súa vida na raia.

Get social

 

Logotipo InterregLogotipo Portas Gerés-XurésLogotipo Deputación Ourense

EL PROYECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AL 75% POR EL FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL (FEDER) A TRAVÉS DEL PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Search