http://www.crtvg.es/informativos/as-portas-do-xures-recibiron-xa-mais-de-dous-mil-visitantes-3873997
Achegar ao visitante a riqueza, non só paisaxística, senón tamén cultural e patrimonial do Xurés. Con ese obxectivo naceu o proxecto Portas do Xurés, 6 centros de recepción, cada un nun concello e especializado nunha tématica, dende o Couto Mixto aos vestixios romanos ou os deportes de natureza. No que levamos de verán xa pasaron por estas instalacións máis de dous mil visitantes.
Estas terras da baixa limia acollen o parque natural máis grande de Galicia e a reserva da biosfera transfroiteiriza máis importante de Europa. Pero o xurés agocha moito máis que impresionantes paisaxes. Adentrámonos nel a través dunha das súas portas, a de Bande.
Ao carón da encoro da cunchas emerxen os restos romanos ligados a contrucción da Vía Nova. Cada unha das 6 portas céntrase nunha tématica.
Grazas a elas poden coñecer todas as actividades que nos ofrece esta zona, dende rutas de sendeirimos, a deportes de aventura, festas, visitas teatralizadas....
As portas do xurés permancerán abertas ata mediados de setembro. No que levamos de véran xa recibiron máis de dúas mil visitas.
O proxecto Gerês-Xurés Dinámico, no marco do cal a Deputación de Ourense desenvolve esta iniciativas, abrangue numerosas actividades encamiñadas á dinamización da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), a través da promoción do turismo sustentable como un factor de desenvolvemento dos concellos galegos e portugueses. Todo isto realizarase a través da "Rede de Portas da RBTGX", é dicir, a formada polas 6 Portas do Xurés (Bande, Calvos de Randín, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños), abertas de mércores a domingo, de 10.00 a 1400 horas e de 16.00 a 20.00 horas, e as 5 Portas do Gerês (Arcos de Valdevez, Melgaço, Montalegre, Ponte da Barca e Terras de Bouro), así como a creación de valor engadido dos produtos endóxenos da RBTGX.