O Proxecto GERÊS – XURÉS DINÁMICO está cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Ficha resume do proxecto:
Custo total elixible do proxecto: 1.971.901,57 €.
Porcentaxe financiado polo FEDER: 75% (1.478.926,17 €)
Área de cooperación: Galicia – Norte de Portugal.
Eixe prioritario: crecemento sostible a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais.
Obxectivo temático: conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.
Prioridade de inversión: protección e o restablecemento da biodiversidade e do chan e o fomento dos servizos dos ecosistemas, inclusive a través de Natura 2000 e de insfraestruturas ecolóxicas.
Obxectivo específico: mellorar a protección e xestión sostible dos espazos naturais.
Obxectivo xeral: Fortalecer a entidade e identidade propia da RBTGX mediante o fomento da participación activa dos actores do territorio, a promoción do seu desenvolvemento económico e turístico sostible e a protección e conservación do seu patrimonio natural e cultural.
Socios do proxecto:
- Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Xunta de Galicia).
- Deputación de Ourense.
- Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).
- ADERE Peneda – Gerês.
- Câmara Municipal de Melgaço.
- Município de Ponte da Barca.
- Câmara Municipal de Terras de Bouro.
- Município de Montalegre.
- Município de Arcos de Valdevez.
- Associação Regional de Desenvolvimento do Alto Lima (ARDAL).
- Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF).
- Turismo do Porto e Norte de Portugal(TPNP).
- Comissão de Coordenação e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N).
Actuacións contempladas no proxecto:
1. “Actividade 1 – a RBTGX para os seus habitantes”.
Sensibilización da poboación local sobre os valores patrimoniais e medioambientais do medio que habitan, implicándoos na súa conservación, mediante talleres de sensibilización e traballos de recuperación, posta en valor e difusión do patrimonio etnográfico e inmaterial.
Capacitación da poboación local en materias relacionadas co aproveitamento económico sostible dos recursos endóxenos.
Aproveitamento económico mediante a creación dun rexistro de produtores da Reserva da Biosfera para unha etiqueta distintiva de orixe.
2. “Actividade 2 – a RBTGX para os seus visitantes”.
Ordenación, creación de produto, dinamización das portas: posta en marcha das 6 Portas do Xurés, posta en valor do xacemento Aquis Querquennis, posta en valor megalistismo da Serra do Xurés e da Serra do Leboreiro, sinalización, congresos, etc.
3. “Actividade 3 – a RBTGX para os escolares”.
Programa de educación ambiental e patrimonial, visitas de grupos de escolares á Reserva da Biosfera.
4. “Actividade 6 – comunicación”.
Organización congresos, sinalización de accesos por estrada á Reserva da Biosfera, mellora da Web “Portas do Xurés”, para inclusión en Portal Web da RBTGX, publicidade das actuacións do proxecto.
Resultados:
- Mellora da calidade de vida da poboación local.
- Incremento da capacidade de atracción turística, económica e demográfica do territorio.
- Mellora da calidade dos servizos e produtos comercializados.
- Incremento da sensibilización e mellora do coñecemento sobre a RBTGX entre a poboación local e a nivel rexional, nacional e internacional.
- Mellora do estado de conservación e protección do patrimonio natural e cultural.
- Mellora das condicións de accesibilidade, sinalización e ambientais.
- Harmonización dos instrumentos de planificación e xestión existentes.
Orzamento Deputación de Ourense: 323.650 euros (25% F.P.: 80.912,5 euros).
Cofinanciamento FEDER: 75% (242.737,50 euros)
Anos duración: 3 anos (2017, 2018 e 2019)