Novas e eventos

Aquí poderá atopar a última información actualizada sobre o Parque Natural e o seu entorno, así como una axenda de eventos da comarca: festas, festivais, feiras...

Últimos Tweets

 

- Os encontros inclúense na primeira fase do proxecto "Vidas con Historia

- Realizaranse na terceira fin de semana de setembro.

Ourense, 14 de setembro de 2018.

A Deputación de Ourense organiza os vindeiros días 15 e 16 de setembro dous "Seminarios Arraianos" incluídos dentro da primeira fase do proxecto "Vidas con historia", un estudo sociolóxico sobre os modos e historias da vida dos habitantes da totalidade da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (en adiante RBTGX).

O día 15 de setembro desenvolveranse o primeiro dos grupos de traballo no Concello de Calvos de Randín. Será ás 12 horas na Porta de Calvos de Randín (Centro de Interpretación do Couto Mixto), situada na antiga reitoral de Santiago de Rubiás.

Pola súa banda, o domingo 16 de setembro realizarase o segundo dos seminarios no Centro Social de Olelas, no Concello de Entrimo.

A través destes encontros ou workshops preténdese promover as historias vividas pola veciñanza da zona, exemplificada nas persoas que participaron no programa a través dunha entrevista, así como a súa relación co territorio. Un coloquio aberto á toda a cidadanía que desexe participar no que se debaterán diversos temas sobre a vida na raia: relacións familiares, amizade, o Couto Mixto, contrabando, fuxidos, festas...

"Vidas con historia" constitúe unha colección de relatos das persoas moradoras do lado galego da RBTGX. Corenta historias particulares que comporán un cadro vivo e moi elaborado da vida cotiá das aldeas e vilas dos seis concellos galegos da RBTGX, sobre a memoria da Guerra Civil, as penalidades da posguerra, os primeiros síntomas de mudanza dos anos 50 e o seu esfarelamento a partir dos anos 70, é dicir, de todo o que serva para dar a coñecer a Galicia do século XX. Xa que a finalidade deste traballo é conservar a memoria do modo de vida das xentes que habitan nestes municipios.

Os traballos desenvólvense no marco do proxecto GERÊS-XURÉS DINÁMICO, cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V A España – Portugal (POCTEP) 2014-2020, conxuntamente entre a Deputación de Ourense e ADERE, unha entidade privada portuguesa sen fins lucrativos, que desenvolve a súa actividade nas cinco cámaras municipais que forman parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês.

 

 

logos juntos_geres_xures_dinamico

 

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Get social

 

Logotipo InterregLogotipo Portas Gerés-XurésLogotipo Deputación Ourense

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Search