Novas e eventos

Aquí poderá atopar a última información actualizada sobre o Parque Natural e o seu entorno, así como una axenda de eventos da comarca: festas, festivais, feiras...

Últimos Tweets

Información sobre á posta en marcha do proxecto GERÊS – XURÉS DINÁMICO: Dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês – Xurés (RBTGX)

O Proxecto GERÊS – XURÉS DINÁMICO está cofinanciado  ao 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento 

Ficha resume do proxecto:

Custo total elixible do proxecto: 1.971.901,57 €.

Porcentaxe financiado polo FEDER: 75% (1.478.926,17 €)

Área de cooperación: Galicia – Norte de Portugal.

Eixe prioritario: crecemento sostible a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais.

Obxectivo temático: conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos.

Prioridade de inversión: protección e o restablecemento da biodiversidade e do chan e o fomento dos servizos dos ecosistemas, inclusive a través de Natura 2000 e de insfraestruturas ecolóxicas.

Obxectivo específico: mellorar a protección e xestión sostible dos espazos naturais.

Obxectivo xeral: Fortalecer a entidade e identidade propia da RBTGX mediante o fomento da participación activa dos actores do territorio, a promoción do seu desenvolvemento económico e turístico sostible e a protección e conservación do seu patrimonio natural e cultural.

 

Socios do proxecto:

  • Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Xunta de Galicia).
  • Deputación de Ourense.
  • Axencia de Turismo de Galicia (Xunta de Galicia).
  • ADERE Peneda – Gerês.
  • Câmara Municipal de Melgaço.
  • Município de Ponte da Barca.
  • Câmara Municipal de Terras de Bouro.
  • Município de Montalegre.
  • Município de Arcos de Valdevez.
  • Associação Regional de Desenvolvimento do Alto Lima (ARDAL).
  • Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF).
  • Turismo do Porto e Norte de Portugal(TPNP).
  • Comissão de Coordenação e Desenvolvemento Rexional do Norte (CCDR-N).

Actuacións contempladas no proxecto:

 

1. “Actividade 1 – a RBTGX para os seus habitantes”.

 

Sensibilización da poboación local sobre os valores patrimoniais e medioambientais do medio que habitan, implicándoos na súa conservación, mediante talleres de sensibilización e traballos de recuperación, posta en valor e difusión do patrimonio etnográfico e inmaterial.

 

Capacitación da poboación local en materias relacionadas co aproveitamento económico sostible dos recursos endóxenos.

Aproveitamento económico mediante a creación dun rexistro de produtores da Reserva da Biosfera para  unha etiqueta distintiva de orixe.

 

2. “Actividade 2 – a RBTGX para os seus visitantes”.

Ordenación, creación de produto, dinamización das portas: posta en marcha das 6 Portas do Xurés, posta en valor do xacemento Aquis Querquennis, posta en valor megalistismo da Serra do Xurés e da Serra do Leboreiro, sinalización, congresos, etc.

 

3. “Actividade 3 – a RBTGX para os escolares”.

Programa de educación ambiental e patrimonial, visitas de grupos de escolares á Reserva da Biosfera.

 

4. “Actividade 6 – comunicación”.

 

Organización congresos, sinalización de accesos por estrada á Reserva da Biosfera, mellora da Web “Portas do Xurés”, para inclusión en Portal Web da RBTGX, publicidade das actuacións do proxecto.

 

Resultados:

  • Mellora da calidade de vida da poboación local.
  • Incremento da capacidade de atracción turística, económica e demográfica do territorio.
  • Mellora da calidade dos servizos e produtos comercializados.
  • Incremento da sensibilización e mellora do coñecemento sobre a RBTGX entre a poboación local e a nivel rexional, nacional e internacional.
  • Mellora do estado de conservación e protección do patrimonio natural e cultural.
  • Mellora das condicións de accesibilidade, sinalización e ambientais.
  • Harmonización dos instrumentos de planificación e xestión existentes.

Orzamento Deputación de Ourense: 323.650 euros (25% F.P.: 80.912,5 euros).

Cofinanciamento FEDER: 75% (242.737,50 euros)

 

Anos duración: 3 anos (2017, 2018 e 2019)

Get social

 

Logotipo InterregLogotipo Portas Gerés-XurésLogotipo Deputación Ourense

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Search