Igrexa visigótica de Santa Comba

Este templo foi construído durante a época visigoda correspondente á segunda metade do Século VII, o que o converte nunha das igrexas máis antigas de Galicia. Presenta planta de cruz grega, con volumes pesados e macizos. O pórtico a unha auga susténtase por arcos de medio punto e está coroado por unha espadana de tres vans. A portada é sinxela, con decoración de pilastras estriadas.
No seu interior conta con bóvedas de canón na nave e no transepto e de aresta no cruceiro. A capela maior queda enmarcada polo característico arco de ferradura, en cuxo interior poden admirarse espectaculares murais.

Galería de imaxes

Get social

 

Logotipo InterregLogotipo Portas Gerés-XurésLogotipo Deputación Ourense

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Search