A Casa da Moura - Dolmen de Queguas

Este monumento megalítico está conformado por unha cámara hexagonal construída con grandes laxes fincadas cubertas por unha laxe aínda maior que fai as funcións de cuberta. Este dolmen presenta ademais un pequeno corredoiro de acceso. Non se coñece con exactitude a función destes dolmens aínda que se pensa que poderían ter sido monumentos funerarios ou elementos de sinalización do territorio dun determinado clan ou tribo. En calquera caso, en épocas máis recentes foron empregados como refuxio para os pastores.

Galería de imaxes

Get social

 

Logotipo InterregLogotipo Portas Gerés-XurésLogotipo Deputación Ourense

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Search