Igrexa de Santa María A Real S. XVIII

Esta igrexa é estilo barroco churrigueresco e foi finalizada na primeira metade do século XVIII. Debido á presenza do escudo dos Austrias na fachada, pénsase que puido ser a reconstrución dun templo anterior. A pesar diso, a construción é da época borbónica.
O edificio é de perpiaño de granito, con planta de planta de cruz latina con tres naves.
Do seu exterior destacan a torre e a fachada principal, a cal se divide en catro corpos flanqueados por pilastras. No interior destaca a presenza de columnas salomónicas coa imaxe da Virxe da Asunción e da Santa Trindade. No cuarto corpo das columnas, en forma de frontón partido con volutas, aparecen a aguia bicéfala e o escudo de España. Igualmente, no interior do templo podemos gozar de seis retablos iluminados por unha gran lanterna central.
Ao longo de toda a fachada destaca a espectacular decoración en forma de cordón, tallado en alto relevo sobre os propios perpiaños.

Galería de imaxes

Get social

 

Logotipo InterregLogotipo Portas Gerés-XurésLogotipo Deputación Ourense

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Search