Mansio Aquis Oríginis

A mansio era un lugar de descanso situado nas inmediacións de calzadas con gran tránsito, similares ás modernas pousadas. Aquis Originis en concreto tiña uns 500 metros cadrados. A súa localización non era casual xa que foi instalada para aproveitar unha erupción natural de augas termais, tan apreciadas polos romanos no que aos seus baños se refire.
Ao parecer, o complexo foi levantado na segunda metade do século I mais non se conserva nada dese período. O que hoxe podemos atopar corresponde ás reformas que sufriu entre os séculos II e III da nosa era e entre os séculos IV e V. O que si podemos observar son os restos da cimentación do edificio e do hipocausto.

Galería de imaxes

Get social

 

Logotipo InterregLogotipo Portas Gerés-XurésLogotipo Deputación Ourense

O PROXECTO GERÊS-XURÉS DINÁMICO ESTÁ COFINANCIADO AO 75% POLO FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) A TRAVÉS DO PROGRAMA INTERREG V A ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

Search