Peto de ánimas de Barxés
Este peto das Ánimas é un dos máis doados de visitar por estar situados ao lado da estrada. Trátase dunha estrutura de perpiaño de granito constituído por un pequeno altar cuberto por un pórtico alintelado sustentado por dúas pilastras con capiteis dóricos. Sobre a cuberta eríxese unha cruz de pedra flanqueada por pináculos. Presidindo o altar atopamos un relevo no que é representado un pórtico cunha escena do purgatorio. A devandita escena é presidida por unha figura non identificada baixo a que se sitúan as ánimas no purgatorio.